Tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, podían producirse afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).
Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade CHEGA700 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.
De acordo á Orde Ministerial1 que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.
Mediante a presente comunicación informámoslle que está a piques de finalizar o prazo habilitado de 6 meses, desde o aceso de todas as estacións que afectan o seu municipio, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para os cidadáns.
Non obstante o anterior, infórmase que o 28-02-2023 finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.
No futuro, no seu municipio poderíanse acender novas estacións base de telefonía móbil, se así o considerasen necesario os operadores para mellorar este servizo, nese caso volveríase a informar o seu Concello e atenderíanse de forma gratuíta as incidencias que se producisen, abríndose un novo prazo de seis meses desde a data de aceso.
En caso de calquera dúbida sempre pode chamar ao teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de CHEGA700, 900 831 902, onde se lle facilitará toda a información referente ás posibles afectacións ocasionadas por estacións base de telefonía móbil no seu municipio ou en municipios lindeiros.
Lembramos que para poder atender no centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, terán que comunicarse ao teléfono gratuíto 900 833 999.