Día das letas galegas 2025

Celebración do Día das Letras Galegas 2025 en Aranga

O Concello de Aranga celebra o Día das Letras Galegas 2025 cunha actividade cultural moi especial que ten como protagonista o papel das mulleres na nosa literatura.

A cita será o sábado 17 de maio ás 12:30 h. no Campo da Feira da Castellana, cun espectáculo titulado:

? “Dende Rosalía ata as Cantareiras”

Unha proposta escénica dinámica e visual que mestura música, teatro, narración oral, monicreques e incluso hologramas, para facer un percorrido pola pegada das mulleres na historia das letras galegas, desde Rosalía de Castro ata figuras actuais da nosa cultura.

O espectáculo está pensado para todos os públicos e será unha ocasión perfecta para celebrar en familia a riqueza da lingua e literatura galegas, con perspectiva de xénero e moita creatividade.

? Data: sábado 17 de maio
? Hora: 12:30 h
? Lugar: Campo da Feira da Castellana

? Actividade organizada polo Concello de Aranga, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Rede Cultural.

? Máis información e contacto:
✉️ apuntatearanga@gmail.com | ☎️ 981 79 35 90


Non perdas esta festa das nosas letras!

Anterior ? Nova sesión formativa sobre aforro enerxético no fogar!