Estudos para persoas adultas 2024/2025

A Consellería de Educación publica as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2024/25.

Son ensinanzas para persoas adultas as seguintes:

  • Niveis I e II da etapa das ensinanzas iniciais: modalidades presencial e semipresencial.
  • Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial, semipresencial e a distancia.
  • Bacharelato nas modalidades presencial e a distancia (semipresencial e telemática).
  • Castelán e galego para inmigrantes.
  • Preparación para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
  • Actividades non regradas de carácter profesionalizante, de formación sociocultural e de desenvolvemento persoal e comunitario.
  • Aula Mentor.

Idades:
Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de 18 anos ou que os fagan no ano 2024.
No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre na educación secundaria para persoas adultas, deberán facer os 18 anos no ano 2025.
Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2024, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto rendemento.

Horarios:
As ensinanzas para persoas adultas impartiranse, con carácter xeral, entre as 17:00 h e as 22:30 h, de luns a venres.
No caso do bacharelato a distancia, as titorías lectivas impartiranse entre as 18:30 h e as 23:00 h, de luns a venres.

O día 2 de setembro de 2024 abrirase o prazo de matriculación de ensinanzas iniciais de persoas adultas, que permanecerá aberto durante todo o curso.
As actividades lectivas realizaranse desde o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025.

Bacharelato: Abrirase un prazo de matrícula do 2 ao 20 de setembro de 2024

Máis información no DOG do 26 de xullo de 2024 e en https://www.edu.xunta.gal/portal/ea

Anterior Bono Dixital dirixido a persoas que reciben a Risga da Xunta de Galicia ou o IMV – 2024

Conecta connosco

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm