obradoiro de emprego

OBRADOIRO DE EMPREGO!

Os concellos de Irixoa, Monfero, Vilarmaior e Aranga van realizar un 👨‍🎓 obradoiro 👩‍🎓 dual de emprego da especialidade “Atención socio-sanitaria a persoas no domicilio”, que vai ter unha duración 12 meses.

Nel vaise impartir formación teórica e práctica para obter un 📃certificado de profesionalidade de nivel 2️⃣ nesa especialidade.

As persoas interesadas, para participar no proceso de selección:

✔️ Deberán estar inscritas no INEM na oficina de emprego de Betanzos

✔️ Anotadas no epígrafe correspondente a “obradoiros”

Outros datos a ter en conta:

 O obradoiro terá unha duración de doce meses. Impartirase formación teórica e práctica para a obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 2 nesa especialidade.

 Poderán participar 20 alumnos que deberán ter unha idade igual ou superior aos dezaoito anos, estar desempregados e inscritos como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia nos códigos seguintes: 320 (Escola taller programas), 330 (Casa de Oficio), 340 “Obradoiros de emprego”; ou 370 “Outros programas de formación de emprego, formación dual” e cumprir cos requisitos de formación necesarios para o acceso a certificados de nivel 2

 Os alumnos seleccionados percibirán o salario mínimo interprofesional durante todo o período de formación.

Anterior Publicidade concesión subvención para a elaboración plan de seca do Concello de Aranga

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm