CONVOCATORIA PARA CUBRIR A PRAZA DE XUIZ DE PAZ

E D I C T O .-

O Concello de Aranga anuncia a convocatoria pública para cubrir a praza do Xuíz de Paz Titular deste Xulgado de Paz.

Os aspirantes poderán presentar as súas solicitudes no prazo de quince días hábiles, que se contarán desde a publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia, acompañadas da seguinte documentación:

  • Certificado de nacemento ou fotocopia autentificada do DNI
  • Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e a declaración complementaria a que se refire o artigo 2.1 da Lei 68/1980, relativa a non estar inculpado nin procesado.
  • Certificación médica de non padecer enfermidade física ou psíquica que incapacite para o exercicio do cargo.
  • Declaración xurada de non estar incurso en causas de incompatibilidade.
  • Xustificación de méritos que se aleguen.

O expediente completo poderá ser examinado polos aspirantes que o desexen, na Secretaría deste Concello.

Aranga,8 de febreiro de 2021

O Alcalde

Asdo./ Alberto Platas Álvarez

Anterior 03/02/2021 Acta sesión plenaria nº 1/2021

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm