COMPOSTAXE DOMÉSTICA,
CLAVE PARA A REDUCIÓN DO
LIXO EN ARANGA.
O CONCELLO DE ARANGA PROPORCIONARÁ, DE BALDE, COMPOSTEIROS E
ASESORAMENTO PARA QUE, A VECIÑANZA QUE DISPÓN DUN PEQUENO TERREO,
POIDA AUTOXESTIONAR OS RESIDUOS ORGÁNICOS QUE SE PRODUCEN NO
FOGAR.
En Aranga, a 28 de decembro de 2023.
Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos
xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel
medio ambiental como económicoÉ por este motivo polo que, dende o Concello, anímase a toda aquela veciñanza que dispoña dun pequeno terreo, a autoxestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica. Grazas a ela, no só se reduce a pegada de carbono, senón que tamén se pon en valor un residuo, obtendo como resultado de forma
excelente abono.
Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no concello (de forma
presencial ou a través da web no enlace https://aranga.rsu.gal/ ). Unha vez
completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a
entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao
longo do ano 2024.
Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do
Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU