Logo de incoar o expediente para contratar dous condutores do vehículo motobomba para a campaña de prevención e defensa contra incendios forestais 2021 neste concello de Aranga.
Logo de examinar o expediente, e vista a proposta efectuada polo tribunal con data 12/07/2021que se constitue para a selección do dito persoal, así como a rartificación da proposta efectuada con data 15/07/2021 que desestima a reclamación presentada.Considerando que a solicitante proposta reúne os requisitos necesarios para ocupar o posto ofertado.
RESOLVO:
1º.- Nomear como persoal laboral temporal na categoría de condutores do vehículo motobomba para a campaña de prevención e defensa contra incendios forestais 2021 neste concello de Aranga , aos seguintes candidatos, por ter obtido a maior puntuación total :
– Francisco Juan Pérez Hermida
-David Pereira Vázquez
2º.- Notificarlle a presente Resolución aos aspirante nomeados ao fin de que se proceda a formalizar os oportunos contratos, comenzando a prestación dos seus servizos o día 15 de xullo de 2021 e durante o prazo de tres meses e medio.
3º.- Darlle conta da presente Resolución ao Pleno Municipal, na primeira sesión ordinaria que se realice.
4º.- Contra a presente Resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a alcaldía, nos termos e prazos sinalados na Lei 39/2015 , do procedemento administrativo común das administracións públicas , ou directamente un recurso contencioso- administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa.
Aranga, a quince de xullo de dous mil vinte e un.
O alcalde