APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS , COMPOSICIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN E DÍA E HORA EN QUE TERÁ LUGAR A FASE DE VALORACIÓN DE MÉRITOS NO PROCESO DE SELECCIÓN DE DOUS CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS 2020.
No Boletín Oficial de la Provincia , na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da casa consistorial, foi publicado o anuncio relativo á convocatoria para a contratación laboral temporal de dous condutores do vehículo motobomba durante a campaña de prevención de incendios 2020.
Considerando as facultades previstas na lexislación vixente e de acordo coas bases da convocatoria,
RESOLVO:
PRIMEIRO.- Aprobar a lista dos aspirantes admitidos no proceso selectivo convocado para a contratación , que é a seguinte:
ADMITIDOS :
NOME E APELIDOS |
FRANCISCO JUAN PÉREZ HERMIDA |
DAVID PEREIRA VÁZQUEZ |
DANIEL GARCIA GARCIA |
OSCAR DOMINGUEZ SANMIGUEL |
PABLO SAYAR REBOREDO |
CELESTINO VÁZQUEZ TIZÓN |
PABLO PÉREZ MORADO |
JOSE VEGA BENITEZ |
MANUEL ANTONIO LAMA PAIS |
JULIO ALBERTO GONZÁLEZ RUZO |
GONZALO LÓPEZ PAZ |
IVAN CALVIÑO GOMEZ |
EXCLUÍDOS:
Ningún
SEGUNDO.- A presente relación será publicada na páxina web do concello e no taboleiro de edictos da Casa Consistorial, concedéndose o prazo de tres días naturais para a enmenda da solicitude dende a publicación da lista na páxina web.
TERCEIRO.- A inclusión dos aspirantes na lista de admitidos non supón , en ningún caso, o recoñecemento por parte da Administración Municipal de que os mesmos reúnan os requisitos exisidos na convocatoria , que deberá acreditarse con posterioridade .
CUARTO.- Desiñar aos compoñentes do Tribunal cualificador, que queda integrado da seguinte maneira:
PRESIDENTE: TITULAR: Jose Vázquez Sante
SECRETARIO TITULAR: Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga
VOCAIS:- TITULARES: María Díaz Cano
Salomé Fernández Vázquez
Elisa Daponte Cores
A publicación da presente resolución na páxina web do concello , ten , a todos os efectos, o carácter de citación dos aspirantes, que poderán recsar os membros do tribunal de conformidade co previsto no artigo 24 da lei 40/2015 de 1 de outubro do réxime xurídico do sector público .
Quedan citados os membros do tribunal para o vindeiro xoves , vinte e cinco de xuño de dous mil vinte, as dez horas , na sala de sesións da Casa do Concello a efectos de levar a cabo a valoración dos méritos alegados polos participantes.
Rematada a valoración publicarase no taboleiro de edictos da casa consistorial e na web do concello , o resultado da valoración de méritos .
No mesmo día vinte e cinco de xuño , a partir das dez horas, levaráse a cabo a proba física de esforzo, polo que os aspirantes deberán estar presentes a dita hora, na casa consistorial.O chamamento dos candidatos se realizará pola orde alfabética.
O exame no que consistira osegundo exercicio realizaráse o mesmo día, as trece horas, na sala de sesións da casa consistorial, salvo que o retraso das probas requirese facelo noutro día que sinale o tribunal
Aranga, 18 de xuño de 2020
O alcalde
Asdo.:Alberto Platas Álvarez