BASES PARA A SELECCIÓN DUN PEÓN ( APROL RURAL 2023) XUNTA DE GALICIA

BASES PARA A CONTRATACIÓN DA PERSOA QUE CUBRIRÁ O CADRO DE PERSOAL DO ”PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL , APROL RURAL”2023.-



PRIMEIRA.-Obxecto da convocatoria.
A presente convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal de un peón que executará as obras incluídas no proxecto denominado “LIMPEZA DE ZONAS FORESTAIS”, dentro do progama Aprol Rural 2023, en base a financiación outorgada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e segundo a Orde do 9 de xaneiro de 2023 que establece as bases que regulan as axudas para o fomento de emprego no medio rural.
A dita contratación realizarase ó abeiro do Real Decreto lexislativo 5/2015 de 30 de outubro que aproba o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), a lei 2/2015 de 29 de abril de emprego público de Galicia(LEPG), a lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local , o Real Decreto lexislativo 781/1986 de 18 de abril que aproba o texto refundido das disposición legais vixentes ne materia de réxime local, o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores aporobado polo Real Decreto lexislativo 2/2015 de 23 de outubro(TRET) e disposición concordantes.
Atenderase á disposición final segunda do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, introduce unha nova disposición adicional, novena no texto refundido da Lei de Emprego, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2015, do 23 de outubro, no que se refire aos contratos vinculados a programas de activación para o emprego “ 1. As administracións públicas e, de ser o caso, as entidades sen ánimo de lucro poderán realizar contratos para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral no marco dos programas de activación para o emprego previstos neste texto refundido da Lei de Emprego, cuxa duración non poderá exceder de doce meses”.
SEGUNDA.Modalidade de contratación e condicións do contrato.
Os traballos a desempeñar polo persoal contratado serán aqueles relacionados con limpeza de espazos públicos forestais, eliminando vexetación e outros produtos acumulados en cunetas e bordes dos camiños e pistas de uso público.
Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral a xornada completa (modelo 405)
A duración prevista é de nove meses, a xornada completa, debendo estar formalizados os contratos a 19/05/2023.
As retribucións brutas mensuais, incluídas as pagas extras, é de 1.166,67 € mensuais.

TERCEIRA -Requisitos dos aspirantes.
Para poder participar nas probas selectivas de acceso as prazas os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:
a) Ser español, extranxeiro nacional dun estado membro na Unión Europea ou extranxeiro dun dos estados aos que se refire e nas condicións previstas no artigo 57 do Texto refundido do Estatuto Básico do empregado público, asi como os extranxeiros con residencia legal en España.
b) Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas as que se opta.
A estes efectos establécese a igualdade de condición das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podendose fixar , con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas, agás nos casos nos que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adáptandose polo tribunal selectivo as medidas e medios precisos para a realización das probas, de xeito que gocen da mesma igualdade de oportunidades que os demais participantes. Para este fin, os aspirantes con minusvalía farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
A condición de minusvalía, o seu grao e a súa compatibilidad co exercicio das funcións do posto de traballo, acreditarase mediante certificación para o efecto expedida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
c) Ter cumpridos dezaséis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais e estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaba no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ou acceso ao emprego público
e) Ser demandante de emprego, polo que será requisito imprescindible ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como na formalización do contrato. O que se acreditará coa presetación da tarxeta de demandante de emprego.
f) Terán preferencia na selección , en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, de ser o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional:
• Mulleres e, en especial aquelas que acrediten a condición de vitimas de violencia de xénero.
• Menores de 30 anos, en especial as persosa demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional
• Persoas paradas de longa duración
• Persoas con discapacidade
• Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito
• Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
• Persoas integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social,especialemente persoas beneficiarias de renda de integración social de Galicia.
• Igualmente teráse en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias , asi como a existencia de responsabilidades familiarres, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate o/a cónxuxe, parella de feito, fiilos/as minores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade , persoas maiores incapacitads ou menores en acollemento.
CUARTA.-Proceso de preselección .-
De conformidade co establecido no art 14 da Orde de subvención, será requisito imprescindible estar inscrito/a como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia. O concello de Aranga realizará a selección para a contratación do persoal a través do Servizo Público de Emprego e de acordo cos principios de publicidade, concurrencia, igualdade, mérito e non discriminación, mediante a presentación da oferta de emprego na oficina de emprego correspondente nos modelos normalizados existentes e de acordo coas bases que se xan aprobadas polo concello.
A oficina de emprego realizará unha sondaxe e preseleccionará os candidatos, correspondendo ao Concello a selección definitiva.
O concello poñerase en contacto cos candidatos para informarlles do programa e invitalos a participar no proceso de selección.

QUINTA.-Comisión seleccionadora.
A Comisión Seleccionadora estará integrada por un Presidente, secretario, que será o da corporación, e tres vogais que serán desinados pola alcaldía, cos requisitos previstos no artigo 60 do TREBEP e os de imparcialidade e profesionalidade dos membros.
Non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seu membros, sendo preciso en todo caso a asistencia do/a presidente/a e do secretario.
SEXTA.- Proceso de selección.-
O proceso de selección levaráse a cabo do seguinte xeito:
Valorarase inicialmente o recollido no punto f) da base terceira en relación as preferencias para a selección do persoal a contratar.
Valorarase estar en posesión do carné de conducir B1 con 1 punto.
Ademais a Comisión Seleccionadora realizará, se o considera necesario, unha proba oral, escrita, ou práctica segundo o número de candidatos/as, na que se valorará o coñecemento e destreza relacionadas coas tarefas a desenvolver no posto de traballo e coñecemento do termo municipal.
As dúbidas que se susciten serán resoltas pola citada Comisión, que terá a facultade de interpretar estas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.
SÉTIMA.-Formalización do contrato.
A Comisión Seleccionadora proporá ó Sr. Alcalde a contratación daqueles/as aspirantes que obtivesen a maior puntuación.
Ditos/as aspirantes propostos/as presentarán dentro dos dous días hábiles seguintes, os documentos acreditativos que procedan, segundo o establecido nas presentes bases.
A formalización do contrato realizarase conforme ó previsto na lexislación vixente.
OITAVA-Lista de reserva.
Rematado o proceso selectivo farase una relación de persoas, en orde decrecente de puntuación. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respetando a orde da lista) para cubrir prazas non cubertas por situación de renuncia voluntaria e/ou procesos de incapacidade temporal.
NOVENA.- Incidencias.
A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolve-las dúbidas que se presenten, e para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamiento do proceso de selección, en todo o non previsto nestas bases, fecendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.
Aranga, na data da sinatura
O Alcalde :
Asdo:Alberto Platas Álvarez

Anterior CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023 (DEPUTACIÓN DA CORUÑA)

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm