COMUNICADO EN RELACIÓN AO SERVIZO DE ATENCIÓN NAS AULAS DE INFORMÁTICA

Ante os recentes comentarios surxidos nas redes sociais, o concello de Aranga desexa facer as seguintes aclaracións:
 
–          Que, Antonio G. P. non mantivo ningún tipo de relación laboral co concello de Aranga, senón que, como autónomo (empresa unipersoal), contratouselle a prestación do servizo de atención das aulas de informática municipais, única e exclusivamente.
 
–          Que, ante a situación xerada pola pandemia provocada pola Covid-19, fíxose necesario deixar de prestar o servizo, e, é intención do concello iniciar de novo a prestación do citado servizo cando as circunstancias de seguridade e salubridade o permitan. A tal efecto, e de conformidade coa Lei de contratos do sector público, cando sexa posible, realizarase o procedemento de contratación de acordo cos principios esixidos pola Lei: publicidade e libre concorrencia.

Anterior INFORMACIÓN SOBRE AS FAIXAS DE XESTIÓN DA BIOMASA

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm