Por acordo da Xunta de goberno local do 23/07/2024 aprobouse a convocatoria do proceso de selección para cubrir, con carácter laboral temporal, unha praza de Traballador/a social por substitución transitoria da persoa titular con reserva de posto de traballo e a formación dunha bolsa de emprego para cubrir necesidades de coberturas temporais do posto no concello de Aranga, así como as bases que rexerán a selección dos aspirantes.
O prazo de presentación de instancias é de 𝐜𝐢𝐧𝐜𝐨 𝐝𝐢́𝐚𝐬 𝐡𝐚́𝐛𝐢𝐥𝐞𝐬 contados dende o día seguinte á insercción do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información na seguinte ligazón: