Aberta a convocatoria para elixir a persoa representante xuvenil da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

Aberta a convocatoria para elixir a persoa representante xuvenil da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo abre a convocatoria para seleccionar a persoa que representará a mocidade do territorio nas redes xuvenís do Programa MaB da UNESCO e da Rede Española de Reservas de Biosfera.

A convocatoria está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, ambos incluídos, que acrediten a súa vinculación con algún dos 17 concellos que forman parte da Reserva, entre eles Aranga.

A persoa seleccionada terá un mandato de catro anos e será a encargada de trasladar as propostas e inquietudes da mocidade, participar en encontros e foros xuvenís e dinamizar o Grupo Mozo da Reserva.

Requisitos para participar

As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter entre 18 e 35 anos.
  • Acreditar a súa vinculación co territorio mediante empadroamento, estudos, traballo ou participación en programas da Reserva.
  • Ter coñecementos de galego e castelán, así como un nivel B1 de inglés acreditado.
  • Comprometerse coa dispoñibilidade e coas responsabilidades do cargo.

O posto non é remunerado e a selección realizarase mediante un proceso aberto de valoración de méritos e entrevista.

Presentación de candidaturas

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude e a declaración responsable, xunto coa documentación acreditativa, o currículo, unha memoria de vinculación coa Reserva, unha proposta de acción xuvenil e unha carta de apoio dunha entidade do territorio.

O prazo para presentar candidaturas permanecerá aberto ata o 2 de novembro de 2026.

As solicitudes deberán enviarse en formato PDF ao correo electrónico [email protected], indicando no asunto: “Candidatura Representante Xuvenil RB 2026”.

Máis información

As bases completas da convocatoria, os anexos e toda a documentación necesaria están dispoñibles na páxina web da Reserva:

https://www.marinasbetanzos.gal/linas-de-traballo/xuventude/

Tamén se pode solicitar información no teléfono 981 669 541.

Desde o Concello de Aranga animamos á mocidade do municipio a coñecer esta iniciativa e a participar activamente na representación xuvenil do noso territorio.

Anterior O CINCO VECES CAMPIÓN DO MUNDO DE PESCA CON MOSCA, DAVID ARCAY, VISITA O CEIP DA CASTELLANA

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm