O CINCO VECES CAMPIÓN DO MUNDO DE PESCA CON MOSCA, DAVID ARCAY, VISITA O CEIP DA CASTELLANA

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP da Castellana recibiu unha visita moi especial: David Arcay , cinco veces campión do mundo de pesca con mosca. 🏆
 
🌿 A través do programa «Pescamos e coidamos», os escolares aprenderon a importancia de conservar os nosos ríos, coñecer as especies que os habitan e fomentar unha pesca sostible e respectuosa co medio ambiente.
 
🎣 Ademais, tiveron a oportunidade de descubrir de primeira man os materiais e as técnicas da pesca con mosca da man dun auténtico referente desta modalidade.
 
👏 Desde o Concello de Aranga, agradecemos a David Arcay a súa implicación e ao CEIP da Castellana a súa colaboración nesta iniciativa que une deporte, educación e respecto pola natureza.
 
#Aranga #CEIPdaCastellana #DavidArcay #PescaSostible #MedioAmbiente #Educación
Anterior AVISO IMPORTANTE | CORTE DE ESTRADA POR OBRAS

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm