ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2023-2024

cartula2023

Xa está aberto o prazo de preinscrición para as actividades municipais do Concello de Aranga do vindeiro curso 2023/2024.

Toda a información podédela atopar nas imaxes desta publicación, por se vos interesa participar nalgunha delas.

Para se apuntar, primeiramente teredes que cumprimentar o seguinte formulario, ou escanealo do código QR que aparece nas imaxes. Tedes como límite as 14:00 h. do día 15 de Setembro:

Ligazón ao formulario:

https://qrcd.org/3d4q

Unha vez rematado o proceso de preinscripción, se vos comunicará se a actividade na que participades obtivo un número mínimo de interesados, ou se é preciso facer un sorteo entre os solicitantes.

Se todo está correcto, a partir desa data se vos reenviará a folla de inscrición definitiva, que deberedes achegar debidamente cumprimentada, xunto co resgardo de ingreso da taxa correspondente ben nas oficinas de Cultura do Concello de Aranga, ben na sede electrónica do Concello de Aranga. No caso de facelo por vía telemática, se tramitará como “SOLICITUDE XERAL”. Neste caso tedes de prazo ata o 27 de Setembro.

Todas as actividades comezarán o día que lle corresponda a partir do 2 de Outubro.

Podedes resolver calquera dúbida no mail apuntatearanga@gmail.com, no 981 79 35 90 ou no whatsapp 687 86 10 12.

Anterior CONCILIA TRABALLO E FAMILIA 2023-2024

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm