Dirixida á Conciliación familiar e laboral das familias 👨👨👧👦 do Concello de Aranga con alumnado no CEIP A Castellana.
Consiste no coidado dos/as participantes durante o horario da actividade. (Non inclue nin almorzo 🥐, nin transporte 🚌).
⏱️*Horario*: A partir das 8:00 h ata o inicio da xornada lectiva.
🗓️*Duración*: A actividade desenvolverase todos os días lectivos do curso escolar 2023/2024, dende o momento que se conte cun número mínimo de 4️⃣ participantes inscritos.
📍*Lugar*: “Escuelita” Local Anexo ó CEIP A Castellana.
🪙 *Custo*: 30€/mes por neno/a. Ou fracción, no caso de non acudir todos os días da semana.
🖊️ *Inscrición*: Enviar correo a apuntatearanga@gmail.com indicando *nome*, *idade* e *curso académico* para quen solicita a praza, ademais do *nome* e *número de teléfono* de contacto *do/a proxenitor/a* que solicita a praza. (Contestarase con indicacións do resto do procedemento para formalizar inscrición).
⏳ *Prazo de inscrición*: íniciase o 1 de setembro e permanecerá aberto ata cubrir o total de prazas dispoñibles (15).
_Podes consultar máis información no mesmo enderezo electrónico , no telefono 981 79 35 90 ou no whatsapp 687 861 012_