Móvete con nós

Móvete con Nós! Actividade para a saúde e o benestar en Aranga

O vindeiro xoves 20 de xuño, ás 12:00 h, celebrarase no Área Recreativa de Ponte-Aranga unha nova xornada de actividade física e benestar dentro do programa Móvete con Nós!, promovido polo Concello de Aranga en colaboración con Fisioterapeuta del Mayor.

Esta iniciativa está pensada para activar corpo e mente, mellorar a saúde e fomentar hábitos saudables nun ambiente agradable e ao aire libre. Non fai falta experiencia previa, só se precisa roupa cómoda e ganas de pasar un bo rato mentres nos coidamos.

A actividade é de balde e conta con servizo de transporte para as persoas que o precisen, previa reserva chamando ao teléfono 674 094 291 (antes do mércores 18).

Trátase dunha oportunidade perfecta para compartir unha mañá diferente, cun enfoque terapéutico, preventivo e lúdico.

Organiza: Concello de Aranga
Colabora: Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, Ministerio da Presidencia, Goberno de España.

Anterior Educando para a Igualdade: encontro formativo para familias o 17 de xuño en Coirós