OBRA DE TEATRO – DÍAS DAS LETRAS GALEGAS

🎭📚 Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar inspirada no libro de Luísa Villalta “As chaves do tempo”. 🌟 Esta novela, que coincide coa homenaxe da autora polo Día das Letras Galegas deste 2024, ofrece unha fascinante explicación lendaria á desaparición do florecente Reino de Galiza e á imposibilidade da súa recuperación ao longo dos séculos.

Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias, Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio, emprenden unha viaxe na procura do mago Merlín. Arrastrando unha carreta cargada de elementos teatrais, desde siluetas de cabalos ata marionetas e un teatriño a modo de pupis siciliano, contarán ao público a crónica da usurpación do reino de Galiza pola coroa de Castela, da que eles foron vítimas. 🏰

Finalmente, preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galiza, e seguirán o seu camiño nunha viaxe emocionante e chea de aventuras.

Lugar: CAMPO DA FEIRA DA CASTELLANA

Día: 17 DE MAIO DE 2024

Hora: 12:00

(en caso de mal tempo trasladarase o anexo do CEIP A Castellana)

🎭🌟 Non perdas a oportunidade de vivir esta mágica experiencia teatral en familia! 📚🎉 #FantochesBaj #LuísaVillalta #DíaDasLetrasGalegas

Anterior PREINSCRIPCIÓN CONCILIA ARANGA 2024

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm