PREINSCRIPCIÓN CONCILIA ARANGA 2024

O noso obxectivo é ofrecer unha solución para as familias de Aranga que, debido ás súas responsabilidades laborais, atopan dificultades para coidar dos seus fillos/as durante o verán. 🌞

👧🧒 Que ofrecemos?
Organizaremos actividades educativas, deportivas e recreativas para nenos/as de 4 a 14 anos. As mañás dos días laborables serán aproveitadas ao máximo para que os nenos/as desfruten e aprendan.

🗓️ Temporalización:

1ª Quincena: 24 de Xuño – 5 de Xullo
2ª Quincena: 8 – 19 de Xullo
3ª Quincena: 22 de Xullo – 2 de Agosto
⏰ Horario:
De 10:00 a 14:00h, con posibilidade de ampliación en días de excursións extraordinarias.

Prazas
Disporase de 44 prazas por quincena, distribuidas en grupos homoxéneos. En caso de haber máis solicitantes asignaranse coa seguinte orde de preferencia:
1º Alumnado CEIP A Castellana.
2º Empadroados/as no Concello de Aranga.
3º Ambos proxenitores /titores empregados.
4º Familias en situación de vulnerabilidade.
5º Renta unidade familiar inferior a 3 veces IPREM (19.170,39 €)
Será preciso un mínimo de 25 participantes en cada quenda para a súa realización.

📍 Lugar:
As actividades desenvolveranse no CEIP A Castellana, en Aranga, pero poderemos cambiar de ubicación segundo as necesidades das actividades programadas.

💰 Custo:
25€ por quincena, actividades extraordinarias incluídas. Descontos dispoñibles para irmáns/as e empadroados/as en Aranga.

Para máis información sobre descontos, consulta a ordenanza reguladora BOP Nº 32 do 17 de febreiro de 2012.

https://forms.gle/aSxQDmjVLnAoGXdB7

Anterior Convocatoria sesión plenaria nº 05/2024

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm