Este venres 11 de abril ás 12:30 horas, a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), celebra unha nova edición dos Venres de Consumo Responde, unha iniciativa pensada para achegar á cidadanía información útil e práctica sobre cuestións clave no eido do consumo.
Nesta ocasión, a sesión estará centrada nos subministracións básicas para o fogar: electricidade, auga, gas, etc. Trátase dunha actividade divulgativa, aberta e participativa, na que se ofrecerán pequenos consellos prácticos, se explicarán os principais dereitos das persoas consumidoras e se dará resposta en directo a todas aquelas dúbidas e preguntas que poidan xurdir.
A sesión desenvolverase a través da aula virtual de consumo, e para participar só hai que seguir uns sinxelos pasos:
- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
- Na páxina principal, á esquerda, atoparás unha imaxe coa etiqueta VENRES DE CONSUMO: preme nela.
- Accederás á aula de videoconferencia.
- Se non tes a aplicación Webex instalada, poderás premer en “Únase desde el navegador”.
- Únete á reunión e participa activamente!
Esta actividade está aberta a toda a cidadanía e tamén a entidades que queiran afondar nos seus dereitos como consumidores e consumidoras, nun espazo seguro e de aprendizaxe colectiva.